Amplíase o prazo ata o 15 de xuño para pedir as axudas directas da PAC
Amplíase o prazo ata o 15 de xuño para pedir as axudas directas da PAC
O ministro de Agricultura, Luis Planas, afirma que a extensión do prazo faise "con carácter extraordinario" a atendendo as peticións das organizacións agrarias
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, anunciou este luns a extensión ata o 15 de xuño do prazo de presentación da solicitude de axudas directas da Política Agrícola Común (PAC) en 2024.
Planas dixo á súa chegada a un Consello de ministros de Agricultura da UE que "hoxe empeza a consulta pública en España" sobre a medida de eliminar as penalizacións polo atraso da presentación das declaracións da PAC ata o próximo 15 de xuño.
"En termos prácticos, o prazo para o conxunto de agricultores e gandeiros (...) esténdese, como solicitaran as organizacións agrarias ao día 15 de xuño, con carácter extraordinario e tendo en conta de que moitas das medidas que adoptamos teñen efecto retroactivo ao 1 de xaneiro e, por tanto, aplícanse xa este ano".
O ministro considera "espectacular" o "paso adiante" dado desde o pasado xaneiro pola Unión Europea (UE) coas medidas propostas e adoptadas para responder as protestas dos agricultores.
En abril o Ministerio ampliou xa o prazo da presentación, que finalizaba o día 30 dese mes, ata o 15 de maio, e deuse ás comunidades autónomas a posibilidade de prorrogalo ata o 31 de maio.
Planas explicou entón esa ampliación para facilitar que os solicitantes de axudas poidan acollerse ás flexibilidades e simplificacións da PAC comprometidas polo Goberno dentro das 43 medidas para mellorar a situación de agricultores e gandeiros.
No marco desta solicitude única inclúense tanto as axudas directas como as axudas por superficie e por animais das intervencións de desenvolvemento rural.