Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro denuncia abusos e malos tratos psicolóxicos dunha exparella

Ana Peleteiro denuncia abusos e malos tratos psicolóxicos dunha exparella

"Espertaba polas noites tendo relacións sexuais sen consentimento", relataba nun vídeo que publicou en TikTok

Foto de arquivo. Ana Peleteiro nunha conferencia de prensa en Madrid (AFP7/Europa Press)
G24.gal 09/12/2024 13:00

A atleta galega Ana Peleteiro, campioa de Europa e medallista olímpica de triplo salto en Tokyo 2020, denunciou, a través dun vídeo publicado na súa conta de TikTok, sufrir agresións sexuais e malos tratos psicolóxicos por parte dunha exparella, da cal non revelou o nome.

"Espertaba polas noites tendo relacións sexuais sen consentimento, e aínda así quedei. Cambiou absolutamente todo de min, desde a vestimenta ao xeito, a forma de actuar coa miña familia. Conseguiu distanciarme de moitísima xente, e aínda así quedei”, denuncia.

@apeleteirob

Y aunque parecia imposible consegui salir y ser la mejor fuerte, valiente y feliz que soy hoy en dia ❤️‍🩹

♬ sonido original - Ana Peleteiro

A deportista detalla todos os episodios que foi pasando durante esa etapa co obxectivo de que “sirva para que outras nenas non queden, polo menos tantas veces”, sinala ao principio do vídeo da rede social vinculado á tendencia “e aínda así quedei”.

“Dicía que non falaba publicamente da nosa relación para protexernos porque o que non sabe non estraga. E aínda así, quedei. Discutía comigo e ameazábame con deixarme cada vez que subía stories con el de calquera cousa do día a día. E aínda así, quedei. Tiña amigas novas cada mes e inventaba películas de que eran amigas de había mil anos e era mentira. Eran como amantes. Eu nese momento, obviamente, non o sabía. Agora si: e aínda así quedei porque o cría", explica.

No seu relato, a plusmarquista nacional (14,87 metros) confesa como a súa exparella a enganaba: “Cada vez que sospeitaba que estaba a falar con outra persoa máis, con outra moza máis, pois tentaba ou estaba a piques de descubrir unha infidelidade, dicíame que estaba completamente tola, que eran invencións da miña cabeza. E que ía acabar rompendo a nosa relación por tanta desconfianza. E aínda así, quedei".

Peleteiro admite o seu “erro” por compartir tanto tempo con el, sobre todo porque cando chegou a pandemia deixouna soa “durante catro meses” tendo a oportunidade de pasala xuntos.

“Volvía desas viaxes como con chupóns no corpo –continúa- e dicíame que eran picaduras de bichos que talvez había no seu colchón. E aínda así quedei. Dicíame que se non mantiñamos relacións sexuais sempre que el quería, deterioraría a relación e que, á fin e ao cabo, quen non comía na casa comía fóra. E que se logo érame infiel, que tampouco me sorprendese. E aínda así quedei”, relataba.

Despois de quedar sen medalla nos Xogos Olímpicos de París, onde terminou sexta no Estadio de Francia, Peleteiro anunciou o pasado mes de setembro que regresaba a Galicia despois de moitos anos adestrando en Guadalaxara co cubano Iván Pedrosa, para pasar a adestrar coa súa actual parella, o triplista francés Benjamin Compaoré, ambos son pais dunha nena, Lúa.

No 2023, Ana Peleteiro xa denunciara que a súa anterior parella, o campión olímpico portugués de orixe marfilesa Nelson Évora ( co que mantivo unha relación de cinco anos, entre 2016 e 2021), a obrigaba a deixar de seguir nas redes sociais outros atletas. Meses máis tarde, comezou a súa relación con Benjamín Campoaré. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade