Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro gaña o Campionato de España coa ollada posta en París

Ana Peleteiro gaña o Campionato de España coa ollada posta en París

Dominou con claridade a proba de triplo salto cunha mellor marca de 14,27 e acadou o sétimo galardón ao aire libre

G24.gal 28/06/2024 22:09

A última cita antes de afrontar os Xogos Olímpicos de París eran os Campionatos de España ao aire libre. Alí estivo a galega Ana Peleteiro como unha das estrelas da primeira xornada gañando o sétimo título e dominando con man de ferro a proba. 

A marca non foi a mellor, pero faltaba a tensión competitiva que haberá en apenas un mes en París. O salto máis longo foi o derradeiro, con 14.27, lonxe dos 14,75 que acadou hai unhas semanas no Europeo de Roma. Nos Xogos terá unha grande oportunidade de repetir medalla en as dúas atletas que a acompañaron no podio hai tres anos en Toquio; a venezolana Aguilar e a portuguesa Mamona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade