Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro non se agocha: "Véxome coa medalla nos Xogos"

Ana Peleteiro non se agocha: "Véxome coa medalla nos Xogos"

A de Ribeira non ten dúbidas de que vai estar "por riba dos quince metros"

G24.gal 23/06/2024 13:20

A atleta de Ribeira Ana Peleteiro nunca tivo dúbidas de que ía estar ao nivel que se atopa nas últimas competicións logo da maternidade no ciclo olímpico de só tres anos entre Toquio e París. Peleteiro amosouse moi segura de que vai superar a barreira dos 15 metros nos Xogos e valorou o traballo do seu adestrador Iván Pedroso, "o mellor en facer que creas que podes", comentou a Europa Press a galega. 

Peleteiro amosouse moito máis leda e tranquila "e iso inflúe no traballo diario". Tamén recoñece que a relación con Iván Pedroso mellorou desde que é nai. Así que, lonxe de perder un ano e medio no tocante ás competicións, parece que a reforzou e iso quedou demostrado no Europeo de Roma de hai unhas semanas. 

Nos Xogos non estará a súa compañeira, amiga e gran rival, Yulimar Rojas. Pode que por iso Ana Peleteiro se vexa "coa medalla, todos os días". "É algo que vexo posible", recoñeceu na entrevista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade