Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro pon o foco no Mundial de Budapest en agosto

Ana Peleteiro pon o foco no Mundial de Budapest en agosto

Ausente no Europeo en pista cuberta despois de ser nai, asegura estar "moito mellor do que agardaba" na incorporación aos adestramentos co seu grupo de traballo

G24.gal 27/03/2023 20:46

Esta tarde vimos a Ana Peleteiro nun acto en Vigo. A atleta de Ribeira volveu aos adestramentos hai 20 días tras a parada polo seu embarazo e maternidade. Peleteiro traballa agora para volver á competición o antes posible. Non entraban nos seus plans os campionato de Europa en pista cuberta de hai unhas semanas e a súa mirada está posta no vindeiro Mundial que se celebrará o próximo mes de agosto en Budapest.

Peleteiro, que foi nai hai pouco máis de tres meses, xa está integrada dentro do seu grupo de traballo e irá a unha concentración de tres semanas a Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade