Ana Peleteiro renuncia e non estará no Mundial de Budapest
Ana Peleteiro renuncia e non estará no Mundial de Budapest
A ribeirá anuncia a súa decisión e argumenta que precisa un descanso
Podería clasificarse mediante un sistema de puntos pese a non facer o salto mínimo
Arrasou no Campionato de España logrando o ouro no triplo salto, mais Ana Peleteiro anunciou o luns 31 de xullo a súa decisión de non participar no Mundial de atletismo.
A de Ribeira venceu no Campionato nacional cun salto de 14,21, unha lonxitude 4 centímetros inferior á marca mínima para lograr a clasificación directa ao Mundial de Budapest, mais aínda podía lograr entrar entre as participantes polo sistema de puntos.
Peleteiro podía clasificarse grazas a este sistema, mais nas súas redes anunciou que renuncia pola necesidade de "gozar da súa filla e da súa familia".
He vuelto, hemos vuelto! 🥇
— Ana Peleteiro Brión (@apeleteirob) July 31, 2023
Si me dicen lo que conseguimos esta temporada hace 7 meses, jamás me lo creería. He luchado, sufrido y trabajado cómo nunca antes. Pero además de preocuparme por mi misma para volver al alto nivel, también lo tuve que conciliar con la maternidad