Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro volve pisar o podio nun Mundial

Ana Peleteiro volve pisar o podio nun Mundial

Realizou tres saltos por riba da mínima olímpica e acadou un mellor intento de 14,75, a 26 centímetros do ouro

G24.gal 03/03/2024 13:00

A atleta de Ribeira Ana Peleteiro volveu a pisar o podio no Mundial en pista cuberta de Glasgow. A galega regresou á elite coas mellores marcas da temporada acadando a mínima para os Xogos Olímpicos. 

Peleteiro fixo un gran salto de 14,67 no segundo intento. Durante boa parte do concurso foi prata, só superada por Thea Lafond (15.01). Pero apareceu a cubana Leyanis Pérez, que cun mellor intento de 14,90 a relegou ao bronce. 

A regularidade de Peleteiro foi máxima. Saltou 14,64 e no quinto foise ata os 14,75, a quince centímetros da medalla, acadando a súa mellor marca da temporada e facendo o segundo mellor salto da súa carreira. Queda claro que, despois da maternidade, Ana Peleteiro regresa ao grande á competición de elite e apunta aos Xogos de París. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade