Publicador de contidos
Publicador de contidos

Andalucía bate récords de temperaturas e o interior de Córdoba está en aviso amarelo por calor

Andalucía bate récords de temperaturas e o interior de Córdoba está en aviso amarelo por calor

O episodio anómalo de calor chega o seu máximo nivel e a fin de semana empezará a remitir

 

 

 

Unhas mozas refréscanse a carón da auga en Sevilla
G24.gal 27/04/2023 14:41

A calor anómala chega ao seu nivel máis alto, con máximas de ata 40 graos en Andalucía e noites tropicais nas que as mínimas non baixan dos vinte graos. É un tempo máis propio do verán en case todo o país, pero que padecen sobre todo na metade sur da Península, onde se están a bater récords de temperaturas para esta época do ano.

"Esperabamos calor, pero tampouco tanta".
"Algo axuda, aínda que bota aire quente". "Isto é horroroso, insoportable, vamos".
"Moita calor, pero esta é a temperatura que temos aquí nesta terra".
"Horroroso, horroroso, a calor estanos matando". E o que din algúns sevillanos.

Na costa de Málaga a situación non é moito máis fresca, aínda que a carón do mar pode ser máis levadeira ca en Córdoba, que ten aviso amarelo da Axencia Estatal de Meteoroloxía por calor. As máximas na cidade e noutras zonas da provincia chegan aos 38 ou 39 graos nas horas centrais do día.

"Esperabamos isto para xuño ou xullo, pero non en abril, que tiña que chover".
"O peor é a seca, iso é a ruína para todos".
"Vou ter que vender o piso e irme fóra porque isto non é normal, vamos", comentan veciños de Córdoba.

Mañá prevese unha xornada similar e a fin de semana empezarán a baixar as temperaturas, sobre todo a partir do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade