Unha muller de 106 anos encabeza a andaina pola lonxevidade en Ourense
Unha muller de 106 anos encabeza a andaina pola lonxevidade en Ourense
Galicia está entre as zonas máis lonxevas do mundo
A cidade das Burgas acolleu este domingo unha andaina organizada pola asociación Ourensividade, que estuda as razóns polas que Galicia está entre as zonas do mundo máis lonxevas.
Ourense pode gabarse de ter centenarias como Esperanza Cortiñas, que con 106 anos se anota a esta andaina aínda que chova. Cando se lle pregunta cal é o segredo para seguir bailando, dinos que ter traballado moito.
A asociación, que naceu para estudar a xenética da lonxevidade, hoxe dá a coñecer o seu traballo con esta camiñada pola saúde. En Ourense hai 126 centenarios por cada 100.000 habitantes, unha porcentaxe moi alta.
Son moitos os factores que poden influír neste alongamento da esperanza de vida, pero os principais semellan ser a dieta atlántica, levar unha vida activa a unha rede de apoio mutuo.
Ourensividade comezou xa a investigar patróns repetitivos entre a poboación centenaria de Ourense para amosarlle as conclusións á comunidade científica. En Galicia, hai 2.136 persoas que superan o século de vida.