ANFACO-Cecopesca pide seguridade xurídica para os investimentos na costa
ANFACO-Cecopesca pide seguridade xurídica para os investimentos na costa
Foi na entrega das medallas anuais da asociación
O presidente da Xunta apoiou as súas demandas apelando ao "valor engadido" que achegan
As medallas Anfaco-Cecopesca 2023 veñen tinguidas da reivindicación do carácter "esencial" desta 255 empresas para a economía azul. No acto, reclamaron a baixado do IVE do peixe, que Bruxelas non ampare a competencia desleal de países que non cumpren as normas e máis seguridade xurídica para os seus investimentos na costa.
"A seguridade xurídica. Queremos estabilidade porque iso é garante de investimento e que
se garanta un marco predicible no exercicio da nosa actividade, co único obxectivo de permanecer no noso territorio que é o que nos motiva porque queremos progresar economicamente, socialmente..., queremos ser futuro", dixo Roberto Alonso, secretario xeral de ANFACO-Cecopesca.
O presidente da Xunta puxo nesa liña o apoio de ANFACO-Cecopesca ao proxecto de lei galega do litoral que debate o Parlamento.
"Os primeiros interesados en que sigamos tendo as marabillas medioambientais, as marabillas da natureza que ten Galicia, pero ten que haber tamén vida económica; a que hai e a que pode haber, e todo é compatible e iso ten que ser ordenado, a ser posible
que creo que pode ser posible, dende aquí e polo tanto grazas a Anfaco-Cecopesca por ser os nosos aliados aí", asegurou Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
Este ano ANFACO-Cecopesca premiou a Olga, Dolores e Ramona, traballadoras veteranas da conserva, a Enrique Albo Duro, á investigadora Rosaura Leis e á Axencia Española de Seguridade Alimentaria.