Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángeles Amor: “Débolle moito á Play, pero hai que saber empregala en cantidades oportunas”

Ángeles Amor: “Débolle moito á Play, pero hai que saber empregala en cantidades oportunas”

A psicóloga coruñesa pasou pola sección de deportes electrónicos do #GaliciaEnXogo

G24.gal 07/10/2023 16:10

‘Ragear’ (do inglés, ‘rage’, furia. É basicamente un comportamento criticado pola súa toxicidade, no que alguén encabuxado, anoxado polo desenvolvemento dunha partida, ten un arrebato de ira no que as súas queixas adoitan empregar unha linguaxe bastante ofensiva.

Deste tema falamos hoxe coa psicóloga Ángeles Amor García, especializada en casos da xestión da ira e da adicción os videoxogos.

Falamos do tempo idóneo que dedicarlle á Play-Station, de como se pode aprender a xestionar esa frustración e pechamos debatindo e prolongando a conversa ás redes sociais, á saúde mental e á psicoloxía no mundo do deporte de elite en xeral e do fútbol en particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade