Galicia é a quinta comunidade na produción de videoxogos en España
Galicia é a quinta comunidade na produción de videoxogos en España
Hai 65 estudios activos, 17 constituídos como empresa e outros 48 que non o están
Máis do 50 por cento dos galegos emprega os videoxogos de maneira habitual
Coñecida como NES, a primeira consola de Nintendo supuxo unha nova era no mundo dos videoxogos. Converteuse nun fenómeno entre os mozos e cambiou a forma de xogar con xogos como o soado Super Mario Bross. Hoxe en día compite con grandes marcas nun mercado en alza que non deixa de innovar.
Desde os máis mozos ata os adultos, o xogo nas pantallas consolídase como unhas das formas de entretemento máis populares. Xogos que permiten competir con usuarios de todo o planeta ou os chamados "mundo aberto" son os máis demandados.
Galicia é a quinta comunidade na produción de videoxogos e conta cun crecente colectivo de creadores de contido.
A era dixital permite que os creadores destas propostas de lecer non teñan fronteiras e cheguen a xogadores de todo o mundo.
Esta industria converteuse no negocio artístico que máis factura, por diante do cine e da música. O ano pasado as vendas, tanto de formato físico coma dixital, superaron os 2.300 millóns de euros en España.