Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anonymous hackea as webs dos principais medios rusos

Anonymous hackea as webs dos principais medios rusos

O colectivo de piratas informáticos chama os rusos a desobedecer a Putin

Nos últimos días hackeou varias páxinas do goberno e canles de televisión

G24.gal 28/02/2022 20:41

Anonymous tombou este luns as páxinas web dos principais medios de comunicación rusos. 

O colectivo de hackers declarou este sábado a ciberguerra a Rusia e ao seu presidente. Dende entón, bloqueou as páxinas do Kremlin, da Duma e do Ministerio de Defensa. Interrompeu o sinal de varias televisións rusas, en que comezou a soar o himno de Ucraína.

Algunhas webs de medios gobernamentais deixaron de funcionar durante horas e noutras aparecen consignas contra a guerra ou mensaxes pedindo aos rusos que desobedezan a Putin.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade