Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 90 % dos contrasinais que se empregan en contas de Internet son vulnerables

O 90 % dos contrasinais que se empregan en contas de Internet son vulnerables

Usar palabras formando frases longas é un xeito de aumentar a seguridade nos contrasinais empregados en Internet

G24.gal 04/05/2023 21:08

Un contrasinal pouco seguro é o camiño que empregan os ciberdelincuentes para roubar contas de Instagram, Twitter ou Facebook, e así facerse cos datos persoais dos usuarios de Internet.

"Moitos dos contrasinais son repeticións e iso ao final pódese hackear. Hai un estudo que indica que o 90% dos contrasinais son vulnerables", indica a vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia Susana Ladra.

Din os expertos que un contrasinal seguro é aquel que non se pode predicir, que é único. Usar palabras formando frases longas é outra fórmula para aumentar a seguridade en Internet. "Frases onde cambiemos, por exemplo, a letra O por un número 0, ou a letra A por unha @. Os contrasinais máis longos e complexos son difíciles de hackear.

Tamén se poden reforzar empregando o dobre factor, que é utilizar un segundo sistema para autentificarse", engade Susana Ladra.

De media un usuario accede a uns 30 sitios diferentes que requiren contrasinal. Así que para facilitar o seu manexo tamén se recomenda botar man de administradores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade