Detidas doce persoas, unha delas na Coruña, por distribuír pornografía infantil en Internet
Detidas doce persoas, unha delas na Coruña, por distribuír pornografía infantil en Internet
O principal investigado, un profesor de inglés, gravaba as alumnas durante as clases e tamén os seus fillos xogando espidos
Hai dez vítimas identificadas, de entre os 13 e os 17 anos
Axentes da Policía Nacional detiveron doce persoas, en distintas provincias españolas, por producir e distribuir contido pornográfico infantil a través de Internet.
O principal investigado era profesor de inglés, propietario dunha academia na cidade gaditana de Alxeciras, que gravaba as súas alumnas durante as clases.
No rexistro do seu domicilio, os axentes localizaron decenas de vídeos focalizados nas zonas máis íntimas das nenas que, presuntamente, gravaría a través dunha cámara oculta. Tamén realizou gravacións dos seus fillos menores mentres xogando espidos no domicilio.
En total, a policía identificou dez vítimas, todas elas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos, e arrestou doce persoas nas provincias de Cádiz, Málaga, Murcia, Madrid, Sevilla, Zaragoza, Barcelona e A Coruña.
Os axentes interviñeron 18 discos duros, 4 computadores, 18 teléfonos móbiles, 25 memorias USB, 3 tablets, 2 cámaras de fotos e 164 CD/DVD.
A dificultade da investigación radicou en lograr a plena identificación dalgúns dos usuarios debido ás técnicas de ocultación de identidade que empregaban para non seren detectados.
Se desexan denunciar contido ilegal deste tipo ante a Policía Nacional, poden facelo a través do correo electrónico denuncias.pornografia.infantil@policia.es.