Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antía Jácome e Teresa Portela, brillo galego na Copa do Mundo de Hungría

Antía Jácome e Teresa Portela, brillo galego na Copa do Mundo de Hungría

Antía Jácome regresou con tres medallas: ouro, prata e bronce

Teresa Portela logrou a prata en K-4 500 metros 

G24.gal 16/05/2023 14:00 Última actualización 16/05/2023 14:07

Visitamos a Teresa Portela e a Antía Jácome en Pontevedra. Acaban de brillar na Copa do Mundo de Hungría coa cabeza posta en París 2024. Antía Jácome regresou con tres medallas: ouro, prata e bronce. Teresa Portela coa prata en K-4 500 metros.

A pontevedresa Antía Jácome foi a gran protagonista da Copa do Mundo. Nesta primeira proba internacional do ano acadou tres das sete medallas que conseguíu España. Dúas delas en distancia olímpica, prata no C-2 500 metros e bronce no C-1 200.

Antía Jácome: "Non agardaba estes resultados, non podo estar máis feliz".

Tamén volveu con medalla, unha prata, Teresa Portela, no K-4 500 metros, barco que comparte con outra galega, Carolina García.

Teresa Portela: "Contentas porque o obxectivo é a praza olímpica que se consegue no mundial".

De clasificarse, serían os sétimos xogos para Teresa, os segundos para Antía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos