Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antonio López inicia o seu segundo mandato como reitor poñendo o foco na necesaria renovación da USC

Antonio López inicia o seu segundo mandato como reitor poñendo o foco na necesaria renovación da USC

Marca como retos para os próximos anos a remuda xeracional da institución e o impulso da investigación

G24.gal 22/03/2022 13:45

Catedrático de Dereito, nado en Barreiros en 1964, Antonio López defendeu no seu discurso os logros da institución durante a pandemia e anunciou que haberá en Galicia un grao universitario en Intelixencia Artificial a partir do ano que vén.

O reitor marcou como reto para os próximos anos o impulso investigador, a remuda xeracional e a renovación das infraestruturas dos campus de Santiago e Lugo. A institución contará cun presuposto de 2.457 millóns de euros para os próximos cinco anos. 

"Dispoñer deste plan financeiro, claro e previsible para o próximo quinquenio, é un elemento esencial para facer realidade a autonomía universitaria, recoñecida constitucionalmente", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade