Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hai quen busca residencia en Santiago xa un ano antes de comezar a universidade

Hai quen busca residencia en Santiago xa un ano antes de comezar a universidade

Ante os problemas para atopar onde vivir durante o curso, moitos optan por facelo con máis antelación

G24.gal 08/07/2024 21:31

A Universidade de Santiago suma cada curso máis de 25.000 estudantes. E aínda os hai que, entrado xullo, seguen buscando piso para o curso vindeiro.

É época de présa, sobre todo para os que non pensaron na antelación. Toca poñerse a buscar, aínda en papel, en persoa ou en dixital: os grupos de WhatsApp ferven.

O que máis subliñan os universitarios é o prezo dos últimos anos e que hai poucos pisos. E, ante un mercado complicado dabondo nos últimos tempos, hai quen opta por alternativas coma as residencias.

Pero tamén nese caso hai que darse présa. Algunha familias xa comezan a informarse no mes de setembro coa vista posta no curso seguinte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar