Antonio Maíllo vence a Sira Rego nas primarias de IU
Antonio Maíllo vence a Sira Rego nas primarias de IU
O excoordinador do partido en Andalucía venceu cun 53,4 % dos votos
Votou o 52,95 % da formación, uns 8.350 votos
Alberto Garzón e Sira Rego felicitaron ao gañador
IU ten novo líder tras a celebración das súas eleccións primarias, Antonio Maíllo, quen fora coordinador do partido en Andalucía, logrou a vitoria con solvencia, acadando o 53,4 % dos votos.
A súa maior competidora foi Sira Rego, porén, a candidatura da ministra de Xuventude e Infancia só logrou o 23,4% do apoio da militancia, segundo os resultados publicados pola agrupación política.
A xornada electoral, que tivo unha participación dun 52,95 %, deixou outros grandes derrotados: Álvaro Aguilera, coordinador da federación de Madrid, e José Antonio García Rubio, responsable de Emprego e Política Económica de Cayo Lara, que lograron o 14,1 % e o 8,3 % dos votos respectivamene.
Na próxima fin de semana, nos días 18 e 19 de maio, Maíllo será oficialmente proclamado como novo coordinador federal de IU. O seu antecesor, Alberto Garzón, sinalou na rede social X que o partido terá como líder a "unha persoa perfectamente capaz, atenta e lúcida no análise político da sociedade".
Tamén Sira Rego, a gran perdedora destes comicios, felicitou a Maíllo a través da mesma rede social, manifestando que se pon a súa disposición para construír "unha organización forte e cohesionada".