Publicador de contidos
Publicador de contidos

Garzón pide unidade arredor de Sumar e renuncia a ser candidato ante a executiva de IU

Garzón pide unidade arredor de Sumar e renuncia a ser candidato ante a executiva de IU

O lider de IU di que non "hai tempo que perder" para constituír as candidaturas unitarias de Sumar

Garzón amosouse convencido de que outros compañeiros poden ser máis valiosos ca el como candidatos o 23-X

G24.gal 04/06/2023 15:03 Última actualización 04/06/2023 20:36

O coordinador federal de Izquierda Unida, Alberto Garzón, fixo este domingo un chamamento a todas as forzas políticas de esquerdas para integrarse nas candidaturas de Sumar. Afirma que hai que estar á altura da "magnitude do reto" ante a "vaga reaccionaria".

Garzón chegou á xuntanza da coordinadora federal desta formación na compaña da súa muller e co terceiro fillo en brazos. Na súa intervención comunicou a renuncia formal a concorrer aos comicios de xullo e explicou que é unha decisión da que está convencido hai tempo.

"A miña renuncia a repetir nas seguintes eleccións. Como sabedes, continuarei como coordinador de Izquierda Unida e esgotarei o ciclo como ministro do Goberno de España, así como por suposto seguirei traballando para facer a Yolanda Díaz presidenta do país. Agora que entramos nunha fase nova creo que é un momento estupendo para deixar que outros compañeiros e compañeiras poidan achegar as súas enerxías e coñecementos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade