Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anulan a multa dun radar fixo de Vigo por non achegar dúas fotos diferentes

Anulan a multa dun radar fixo de Vigo por non achegar dúas fotos diferentes

O condutor fora multado por exceso de velocidade na avenida Clara Campoamor

Os radares fixos teñen que facer unha segunda foto noutro instante diferente da infracción 

G24.gal 21/08/2023 14:44

Supostamente, o condutor multado pasou a máis de 70 neste 50 da avenida Clara Campoamor. Pero a multa, de 300 euros e dous puntos, será anulada. A diferenza dos radares móbiles, os fixos teñen que facer dúas fotografías en momentos diferentes para acreditar a infracción.

"Os radares fixos, ao estaren automatizados, non hai un garda civil ou policía que dea fe da infracción. Esa ausencia dun funcionario público sálvase pedindo dúas fotos diferentes, non valen unha foto e a súa ampliación", explica o avogado Daniel Borrás.

O Concello desestimou o recurso do condutor, que acabou reclamando ante a xustiza. A multa que recibiu tiña dúas imaxes, pero eran dous planos da mesma fotografía.

"A segunda foto, igual que a primeira, ten que ter todos os datos de identificación de lugar, hora, etc, e ten que ser tomada nun momento diferente. O que sucede é que envían unha foto do plano xeral e despois un recorte ampliado do detalle da matrícula do plano xeral", engade o avogado.

Xa son varias as sentenzas que anulan as multas de radares fixos por este defecto de forma. Pero poucos os condutores se animan a recorrer, salvo que a perda de cartos ou puntos sexa importante, como sucedeu neste caso de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade