Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un radar que vixía non só a velocidade: tamén se falamos co móbil, adiantamos mal ou imos sen cinto

Un radar que vixía non só a velocidade: tamén se falamos co móbil, adiantamos mal ou imos sen cinto

Está instalado na estrada que enlaza Tui e Gondomar, considerada perigosa pola DXT polo seu trazado, e está previsto que comece a funcionar antes de que acabe este ano

Este será o primeiro radar de tramo instalado nunha vía convencional galega

G24.gal 11/10/2024 15:53

O control da velocidade é unha das medidas en que está incidindo Tráfico porque aumentaron os accidentes mortais. E a aposta parece que vai por poñer máis radares de tramo. En Galicia de momento hai nove, pero en breve estarán funcionando cinco máis.

E entre todos eles destaca un, porque non só vai medir a velocidade. Está instalado na estrada provincial que enlaza Tui e Gondomar, considerada perigosa pola DXT polo seu trazado, e está previsto que comece a funcionar antes de que acabe este ano.

Vai comprobar se superamos os 60 quilómetros por hora que hai de límite neste treito, pero tamén será capaz de detectar outras infraccións: grazas ás cámaras de visión artificial, cazará os que adianten en liña continua, os que usen o móbil mentres conducen, ou os que non leven o cinto de seguridade. Este será o primeiro radar de tramo instalado nunha vía convencional galega. 

Pero este radar non será o único. En Vigo, xa instalaron outro de similares características á saída dun dos túneles de Madroa en sentido ascendente. A DXT colocou este ano 88 radares novos, dos que un 60 % serán de tramo por consideralos máis xustos e efectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade