Cargando resultados...
Aparca o coche sen pór o freo de man e acaba no fondo do porto de Camariñas
Aparca o coche sen pór o freo de man e acaba no fondo do porto de Camariñas
O propietario, ao darse conta de que o vehículo caía, tratou de tirar del, pero o coche acabou encaixado entre o peirao e un barco
G24.gal
14/08/2024 13:30
Última actualización 14/08/2024 16:36
Ollo con non esquecerse de activar o freo de man nos vehículos para evitar sustos como o que lle aconteceu ao propietario dun coche en Camariñas.
Deixouno estacionado no porto, non lle puxo o freo e rematou na auga, encaixado contra un barco. Nun primeiro momento o propietario intentou tirar del, pero obviamente sen conseguir nada.
En cuestión de segundos o coche quedou totalmente afundido. Por sorte, non houbo feridos.