Comeza a dar servizo en Moaña o aparcadoiro disuasorio de Domaio con 75 prazas
Comeza a dar servizo en Moaña o aparcadoiro disuasorio de Domaio con 75 prazas
O obxectivo é que os usuarios e usuarias poidan deixar alí o seu coche para poder moverse tanto en autobús coma en vehículo compartido
Moaña xa conta cun aparcadoiro disuasorio con 75 prazas de estacionamento dentro dun recinto de 2.000 metros cadrados, que pretende fomentar a mobilidade sostible.
"Que permita os nosos usuarios tanto vantaxes económicas que lle permitirá desprazarse ata este aparcadoiro e compartir vehículo ou desprazarse mediante transporte público", di María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Xa está operativo tras a súa inauguración este mesmo xoves. Deste xeito, darase resposta a unha realidade que obrigaba a moitos condutores e condutoras a estacionar os seus vehículos á beira desta estrada ao seu paso por Domaio.
Conta con dúas prazas para persoas con mobilidade reducida, xa fixo a preinstalación para dar servizo a vehículos eléctricos e conta con parada para o uso do transporte público. Medidas que afondan nunha mobilidade social integradora coas que queren chegar a máis espazos e a máis persoas.
"Fomentar o uso do taxi, sobre todo no transporte no ámbito máis rural. Ter unhas marquesiñas intelixentes, mellorar as experiencias dos propios usuarios a través do seu teléfono móbil e das súas aplicacións para saber en todo momento o tempo que vai tardar en chegar o bus á súa parada".
O seu orzamento superou os 800.000 euros. Non é o único aparcadoiro disuasorio en Galicia. Con este, xa son máis de 500 as prazas postas a disposición dos condutores. A finais deste ano gardan superar as mil en toda Galicia.