Cargando resultados...
Aparece nas augas da Barbanza o golfiño Manoliño cun arpón cravado no costado
Aparece nas augas da Barbanza o golfiño Manoliño cun arpón cravado no costado
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) pide que ninguén intente quitarllo, xa que danarían máis o cetáceo
G24.gal
30/10/2022 15:57
Volveu aparecer nas costas da Barbanza o coñecido como golfiño Manoliño, pero desta volta apareceu ferido.
Ten un arpón cravado no costado. Foi visto no Freixo, en Outes. Membros de Protección Civil contactaron coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, a CEMMA, que recalca que ninguén debe achegarse ao animal e moito menos tentar quitarlle o arpón, xa que isto podería facer máis fonda a ferida.
Pídenlles ás embarcacións que se manteñan lonxe do golfiño. CEMMA estaría preparando un operativo na zona para localizar o animal e extraerlle o arpón.