Investigan a morte dun home no peirao boirense de Escarabote
Investigan a morte dun home no peirao boirense de Escarabote
A Garda Civil investiga as circunstancias da morte dun home que apareceu sobre unhas rochas preto do peirao de Escarabote, no concello de Boiro. É un veciño da Ribeiriña de 43 anos de idade.
Os servizos de Emerxencia recibiron unha chamada pouco antes das catro e media da tarde. O persoal sanitario do 061 que se desprazou ata o lugar só puido certificar o falecemento.
No operativo tamén participou a unidade de Bombeiros e o servizo de Protección Civil.
#AXEGAInforma de que foi atopado o corpo sen vida dun home nunha zona rochosa do peirao de Escarabote, #Boiro. O persoal sanitario só puido confirmar o seu falecemento. Acudiron, tamén: #BombeirosBoiro, #SMPCBoiro e axentes da @guardiacivil, que tratan de esclarecer os feitos. pic.twitter.com/lny9JOGWaw
— 112Galicia (@112Galicia) November 28, 2021