Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece un golfiño varado nunha praia de Carballo

Aparece un golfiño varado nunha praia de Carballo

Agárdase que nas próximas horas se proceda á súa retirada

G24.gal 03/04/2023 14:31

Varado sobre unhas pedras nunha zona de praia situada entre Baldaio e Caión. Así atopou unha veciña, o mércores pasado, un golfiño duns dous metros cando camiñaba pola zona. 

Así que baixou ao areal e ao achegarse xa puido comprobar que non se movía e que estaba morto, así que chamou a Policía Local para dar conta.

Porén, este luns á mañá, cinco días despois da súa chamada aos municipais, o golfiño aínda non foi retirado. Continuaba nun espazo natural de difícil acceso. Por iso, case ninguén se decatou do achado. Pero os que si souberon del, non perderon a oportunidade de achegarse ao lugar de Leira para fisgar.

Agora, confían en que nas próximas horas procedan á súa retirada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar