Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece un home morto na estrada entre Ordes e Cerceda

Aparece un home morto na estrada entre Ordes e Cerceda

O corpo ten sinais compatibles cun atropelo violento, pero descoñécense as circunstancias do suceso

G24.gal 24/02/2023 23:10 Última actualización 25/02/2023 09:00

Un home de 58 anos apareceu morto esta noite en Ordes na estrada que une a vila con Cerceda.

O achado produciuse na zona de Mercurín sobre as dez e media da noite.

Crese que o home foi atropelado pero polo de agora descoñécense as circunstancias que rodean o accidente.

Os equipos sanitarios desprazados á zona non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Ata o lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Ordes, a Garda Civil de Tráfico e efectivos do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade