Cargando resultados...
Aparecen pintadas nas antigas vivendas da aldea de Aceredo
Aparecen pintadas nas antigas vivendas da aldea de Aceredo
G24.gal
21/08/2022 15:04
Última actualización 21/08/2022 15:11
As pintadas ocupan boa parte das fachadas e mesmo o interior de moitas vivendas aquí en Aceredo. A aldea, un día anegada polo encoro de Lindoso, leva dende principios deste ano completamente descuberta.
Malia que o seu acceso é restrinxido recibiu nos últimos meses milleiros de visitantes, e algúns deles deixaron a súa pegada.
Para aqueles que un día viviron nesta aldea estes actos vandálicos son algo moi triste, xa que este lugar segue cheo de recordos para eles.