Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aposta empresarial polo hidróxeno verde en Galicia para garantir a descarbonización

Aposta empresarial polo hidróxeno verde en Galicia para garantir a descarbonización

Os empresarios confían no potencial de Galicia, pero lamentan a normativa cambiante e pídenlle ao Goberno central unha lexilación que axilice trámites e dea seguridade xurídica

G24.gal 19/10/2023 18:26

A aposta empresarial polo hidróxeno verde en Galicia para garantir a descarbonización é clara. Con iniciativas como a de Reganosa nas Pontes, onde avanza na construción dunha planta que prevé producir 16.000 toneladas anuais de combustible.

Reganosa participa tamén na planta de hidróxeno verde proxectada en Meirama, declarada pola Xunta como proxecto estratéxico. Repsol aposta polo biometano, aproveitando o xurro do gando galego e Iberdrola quere medrar, entre outros, na eólica. O seu responsable de desenvolvemento de negocio de descarbonización industrial,  Pablo Mañón,  destaca que "temos varios proxectos non só de xeración de enerxía eléctrica senón tamén térmica, hidróxeno e outros usos".

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez Iglesias, explica que "as industrias teñen que ser competitivas, se non hai competitividade hai risco de deslocalización. As enerxías renovables teñen que aproveitarse". 

Os empresarios confían no potencial de Galicia, pero lamentan a normativa cambiante. Pídenlle ao Goberno central unha lexislación que axilice trámites e dea seguridade xurídica. Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, di que  "a lexislación vai máis lenta do que realmente tiña que ir. Noutros países están adiantando no que é sobre todo eólica mariña, terrestre, hidráulica, etc. E nós non podemos perder o tren". 

Cren que a descarbonización é unha oportunidade para recuperar o peso do sector industrial en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade