Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprazan o xuízo polo parricidio de Sueca para evitar a deliberación do xurado na Noiteboa

Aprazan o xuízo polo parricidio de Sueca para evitar a deliberación do xurado na Noiteboa

O acusado afronta posibles condenas por seis delitos, que poden supor a prisión permanente revisable, polo asasinato do seu fillo de 11 anos o 3 de abril de 2022

G24.gal 18/12/2023 14:14

Suspenden ata despois de Nadal o xuízo contra o parricida de Sueca. A vista ía arrancar a primeira hora da mañá e rematar o venres. Pero adíase ata o nove de xaneiro para evitar que o xurado popular poida quedar incomunicado na noiteboa ante un xuízo complexo pola cantidade de probas, informes e testemuñas. 

José Antonio Alapont está acusado de seis delitos. O principal, o asasinato na súa vivenda do seu fillo Jordi, de once anos, o tres de abril de 2022. 

Acoitelouno 24 veces. E mentres o facía, deixou que o pequeno falara coa nai por teléfono. Unha chamada de socorro que, segundo a acusación, permitiu a propósito para causarlle a maior dor posible á súa exmuller.

Ás portas do xulgado, a avogada da nai, Reyes Albero, transmitía "a dor máis inmensa que pode ter, coa máxima intensidade, esta vítima, a mamá de Jordi".

Condenado por malos tratos, tiña unha orde de afastamento da súa exmuller. O sumario recolle que, coa máxima frialdade, recoñeceu os feitos, chegando a culpar a nai do asasinato por non querer volver con el.

Fiscalía e acusación particular piden para el a prisión permanente revisable. Está imputado tamén por ameazas, maltrato, quebrantamento de condena e acoso.

Reyes Albero engadía que agardan "conseguir as máximas penas de todos e cada un dos delitos que se lle están imputando. E. por suposto, a prisión permanente. O caso é moi grave. É un caso extremo, creo eu".

Por iso pide penas máximas para todos eses delitos e o desterro de Cullera de por vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade