O Día Mundial da Resucitación Cardiopulmonar lembra a importancia desta práctica
O Día Mundial da Resucitación Cardiopulmonar lembra a importancia desta práctica
O 20 % das mortes por paros cardíacos pódense evitar
Persoal sanitario e forzas de seguridade lembran a importancia de aprender a facer masaxes cardíacas no Día Mundial da Resucitación Cardiopulmonar.
Cada segundo conta cando se trata de salvar unha vida por iso este venres en varios concellos galegos aprenderon como facer unha boa reanimación cardiopulmonar.
Cómpre confirmar que a persoa non respira, botarlle a cabeza para atrás para abrir a vía aérea e se segue sen respirar xa se lle pode facer a masaxe cardíaca.
Hai que ter o cóbado recto e baixar o abdome da vítima uns cinco centímetros. Son trinta compresións seguidas e logo dúas ventilacións, entre 100 e 120 compresións por minuto. O máis importante é a técnica.
Persoal de Recursos Humanos do Concello de Mos, axentes da Policía Local, persoal de Urbanismo e mesmo a socorrista da piscina participaron nestas charlas de formación.
Todos salientan que o importante é perder o medo e pensar que podemos salvar unha vida. Aos participantes sorprendeulles tamén o doado que é o manexo do disfibrilador e aprenderon tamén a actuar nun atragoamento e nun afogamento no mar.