A empresa contratada para recoller o lixo na Coruña retira 55 toneladas das rúas
A empresa contratada para recoller o lixo na Coruña retira 55 toneladas das rúas
A rexedora non concretou cando quedará a cidade limpa por completo
Valoriza, a empresa contratada polo Concello da Coruña para reforzar a recollida de lixo durante a emerxencia sanitaria, retirou 55 toneladas de residuos das rúas na súa primeira xornada.
A alcaldesa da Coruña Inés Rey informou este venres de que os equipos de Valoriza, que están a ser acompañados por escolta policial, traballan de 7 a 3 de luns a domingo.
Indicou que iniciaron a recollida por puntos sensibles e zonas críticas e que na primeira xornada se retiraron 55 toneladas.
Con todo, a rexedora non concretou cando se limpará toda a cidade: "Hai moitas toneladas por recoller, moito vidro e cartón e tamén voluminosos".
Con todo, nas últimas horas volveron repetirse os incendios en colectores en varios puntos da cidade, mesmo nunha zona de vexetación na Zapateira. Os bombeiros recibiron sete avisos, e un coche quedou afectado polo lume.
A alcaldesa da Coruña pide que cesen estes actos.
"Houbo algún incendio illado esta noite, parece que levamos dúas noites máis tranquilas. Eu sigo reclamando que cesen os actos vandálicos relacionados co conflito da recollida do lixo".