Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprendendo a rescatar a fauna mariña da man da CEMMA

Aprendendo a rescatar a fauna mariña da man da CEMMA

A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños organizou un simulacro de rescate  en Vilagarcía

O traballo de concienciación e respecto polo medio hai que transmitilo desde os primeiros anos

Simulacro do CEMMA para aprender a rescatar un golfiño
G24.gal 17/09/2023 18:27 Última actualización 17/09/2023 21:22

Os veciños de Sobradelo, en Vilagarcía, acudiron ao simulacro de rescate de cetáceos, tartarugas e lobos mariños que se celebrou o domingo na casa de cultura ante as previsións meteorolóxicas que impedían facelo na paraia de Canelas, como estaba previsto. 

A finalidade desta xornada é proporcionarlle á poboación, tamén aos cativos, as ferramentas necesarias para poder actuar sobre a fauna mariña varada que pode aparecer nas praias, cantís ou portos. 

A maior parte dos animais que chegan á costa son exemplares xa mortos no mar, e,entre os que chegan vivos a rede de varamentos de Galicia debe valorar se son susceptibles de asistencia ou poden ser reintroducidos directamente ao mar. 

Desde a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos insisten na importancia de canalizar as alertas a través do teléfono de urxencias 112 e en simulacros como o celebrado en Vilagarcía dan a coñecer os primeiros auxilios que se lle poden prestar a un animal varado ata que chega o equipo especializado. 

Nos últimos anos rexistrouse un aumento de varamentos e tamén de avisos á coordinadora. Tamén detectan unha maior conciencia social sobre a necesidade de respectar os animais mariños que chegan a terra ou que navegan polas augas litorias de pouca profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade