Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprender a darlles unha nova vida os obxectos a través da restauración

Aprender a darlles unha nova vida os obxectos a través da restauración

Os restauradores achegan os coñecementos e as ferramentas necesarias para facelo realidade

G24.gal 24/04/2023 21:43 Última actualización 24/04/2023 22:13

Cada vez son máis os que se animan a recuperar eses obxectos antigos ou que teñen un significado especial. Os restauradores achegan os coñecementos e as ferramentas necesarias para facelo realidade. É parte do traballo que realizan nos seus talleres.

Din os artesáns que perciben como cada vez valoramos máis os obxectos antigos que temos ao noso arredor. Aquí aprenden as técnicas axeitadas e levan consigo a satisfacción dun traballo feito coas súas propias mans. Imaxes, obxectos antigos da vida cotiá, rarezas de séculos pasados. Aquí, paseniño, todo volve cobrar vida.

"Restáurase máis? Si, probablemente si hai maior concienciación agora que antes. É unha gran diferenza que ti, por exemplo, collas un obxecto que é teu, que lle tes certo agarimo, que está deteriorado. Tráelo, restáuralo ti mesma coas túas mans, sentes o que é o proceso de restauración e despois entronízalo, o fas como algo teu. E iso é importantísimo", explica o restaurador Santiago Notario.

Porque é certo que os motivos para vir son moitos, dende o apego a aqueles obxectos que un día foron dos nosos antepasados, a gozar aprendendo e superar novos retos. 

"Tamén é satisfactorio no sentido de que me evade un pouco do estrés da miña vida, é que eu veño aquí gozar".

"É moi satisfactorio, sobre todo cando estás terminando que xa ves todo perfecto é unha marabilla. Engancha, isto engancha, engancha moitísimo".

Carmen e Santiago dedícanse profesionalmente tamén á restauración do noso patrimonio artístico. Un traballo minucioso que deixa tamén a súa recompensa. 

"Cada peza que restauras nunca é igual á seguinte. Realmente dalgunha maneira estás tocando algo que é parte da historia e é un traballo moi delicado, e que ti es parte do que é esa peza nun futuro, colaboras no seu mantemento, na súa conservación", punta Carmen Díaz, Restauradora especialista en pintura.

E animan a xente a intentalo, a sacar ese pequeno artista que moitos levan dentro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade