Cargando resultados...
Arde un aeroxerador no monte Faro, o segundo deste parque no que vai de ano
Arde un aeroxerador no monte Faro, o segundo deste parque no que vai de ano
O lume prendeu no motor, e a altura deste dificultou a extinción
G24.gal
14/11/2021 19:49
Esta tarde ardeu, por segunda vez neste ano, un dos aeroxeradores do parque eólico do monte Faro. Os condutores que circulaban pola zona alertaron o 112 ao ver a fumareda, que procedía do incendio na zona do motor.
Os bombeiros acudiron ao lugar, pero a altura que teñen os muíños non permite unha extinción rápida e por esa razón traballaron apagando as lapas do chan.
O mes de marzo pasado xa ardera outro neste mesmo parque.