Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde en Betanzos un antigo secadoiro de lúpulo ocupado de xeito ilegal

Arde en Betanzos un antigo secadoiro de lúpulo ocupado de xeito ilegal

O lume limitouse ao interior das catro paredes e devorou todo canto atopou por diante

G24.gal 29/08/2022 14:44

Devorado polas lapas en cuestión de minutos. Así quedou un antigo secadoiro de lúpulo de Betanzos. A súa propietaria, Olga Golpe, conta que desde hai un tempo estaba ocupado de xeito ilegal. Mesmo xa presentaran varias denuncias perante a Garda Civil e a Policía Local por este problema.

Explica tamén que por dentro, onde gardaban unha morea de recordos familiares, ferramentas e algún moble, xa non queda nada.

E é que segundo informaron os bombeiros de Betanzos, no interior había combustible con moita carga térmica, ao que facilitou que as lapas se espallasen con moita rapidez e tamén que a cuberta colapsase cara ao interior.

Esta mañá, o equipo contra incendios volveu á zona arrefriar. Pola tarde volverán para comprobar que non se reactivou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos