Arde un pendello en Santa Comba que obriga os donos a desaloxar os animais
Arde un pendello en Santa Comba que obriga os donos a desaloxar os animais
Un incendio no pendello obrigou os donos a desaloxar os animais para que non morresen
Os bombeiros do Xallas extinguiron un incendio orixinado nunha palleira en Santa Comba sen que houbese que lamentar danos persoais, pero os animais que se atopaban no interior do alpendre víronse afectados polo fume, aínda que lograron desaloxalos a tempo.
Segundo informou o 112, foi un particular o que sobre as 01:30 horas deste domingo deu a voz de alarma e indicou que o lume se orixinou nunha palleira do lugar da Pereiriña, na parroquia da Pereira.
Ata o punto desprazáronse os Bombeiros do Xallas, pero ante a magnitude do lume e a proximidade dunha caldeira tamén foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo.
O lume quedou extinguido sobre as 07:30 horas deste domingo e todos os animais que había no interior do cuberto puideron poñelos a salvo.