Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden unha casa e dous coches no concello de Cerdedo-Cotobade

Arden unha casa e dous coches no concello de Cerdedo-Cotobade

Por sorte non había ninguén dentro da casa

Polo de agora descoñécese a orixe do lume

G24.gal 20/09/2024 16:00

Unha vivenda e varios coches quedaron calcinados esta noite nun incendio ocorrido en Cerdedo-Cotobade.

Foi un veciño da zona quen alertou os servizos de emerxencia do lume que de madrugada se orixinara nun terreo da parroquia de Tenorio. Unha casa prefabricada e dous vehículos estaban ardendo. 

Había casas próximas pero o principal risco era a posible propagación do lume ao ámbito forestal. Os bombeiros tiveron que actuar con rapidez e establecendo prioridades.

Afortunadamente non había ninguén na casa que ardeu no momento do incendio. 

Ata o lugar desprazáronse bombeiros de Pontevedra e Ribadumia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, a Garda Civil e axentes forestais. Descoñécese a orixe do lume e haberá que agardar á investigación para determinar as causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade