Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas feridas de gravidade e 50 xatos mortos no incendio dunha granxa en Lalín

Dúas persoas feridas de gravidade e 50 xatos mortos no incendio dunha granxa en Lalín

Os animais que non morreron queimados tiveron que ser sacrificados despois debido á gravidade das súas feridas

G24.gal 20/09/2024 18:43 Última actualización 20/09/2024 19:12

Dos homes resultaron feridos por queimaduras este venres ao incendiarse unha granxa de xatos no concello de Lalín.

No interior pereceron 50 xatos polas lapas. Os que non morreron no momento do incendio tiveron que ser sacrificados. 

O incendio comezou sobre a unha e media da tarde, nun cebadoiro de Vilatuxe.

Ao parecer, o lume prendeu na palla acumulada e propagouse por unha tela illante no tellado.

O dono da nave e mais un veciño entraron para salvar os becerros e resultaron feridos. Ambos tiveron que ser trasladados ao hospital con queimaduras de diversa consideración. 

Polo de agora descoñécense as causas do suceso. Os bombeiros cren que o lume puido deberse a un curtocircuíto nunha máquina que distribúe o penso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade