Arden cinco colectores en apenas hora e media na Coruña
Arden cinco colectores en apenas hora e media na Coruña
A Policía Nacional abriu unha investigación
Madrugada de vandalismo na Coruña. Os bombeiros tiveron que actuar ata catro veces entre as 2:20 e as 3:45 desta madrugada porque alguén decidiu dedicar a noite a incendiar colectores de residuos.
Na rúa San Diego, a carón da Gaiteira, arderon dous depósitos do lixo. Os veciños espertaron cun forte estrondo. Malia haber coches estacionados moi próximos ao lume, só quedou danada unha furgoneta.
No barrio de Catro Camiños ardeu un colector soterrado de papel e cartón, na rúa Alcalde Marchesi, que instalaron hai tan só unha semana.
Ademais, arderon outros dous nas rúas Xeneral Salcedo Molinuevo e Antonio Ríos. Os veciños aproveitan para denunciar que os actos vandálicos nestas zonas van a máis.
A Policía Nacional xa abriu unha investigación, pero todo apunta a que os catro incendios foron intencionados.