Cargando resultados...
Ares e Bueu afrontan coa máxima ilusión a posibilidade de estaren na ACT
Ares e Bueu afrontan coa máxima ilusión a posibilidade de estaren na ACT
O sábado e o domingo compiten no play off de ascenso á categoría raíña do remo
G24.gal
15/09/2023 15:04
Para cerrar a temporada de traiñeiras temos esta fin de semana unha cita importante. O 'play-off' de ascenso á ACT. Compiten aí dúas embarcacións do noso país: Ares, campioa da Liga galega, e Bueu, a subcampioa.
Dominaron en Galicia con autoridade. Competirán agora contra tres clubs vascos, Santurtzi, San Pedro e Lapurdi. Son cinco equipos e haberá dous a vindeira temporada na Liga ACT. Todo se vai decidir en dúas regatas; o sábado en Bermeo, nun campo de regatas moi complicado coa onda de costado, e o domingo en Portugalete, na desembocadura do Río Nervión. As dúas regatas veranse en directo pola G2 e G24.