Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ares impón un ritmo infernal á fronte da Liga Galega de traiñeiras

Ares impón un ritmo infernal á fronte da Liga Galega de traiñeiras

Cabo foi sexta na Bandeira de Sestao, o mellor resultado da temporada

G24.gal 14/07/2024 14:29

Ares está intratable na Liga Galega de traiñeiras. Cuarta vitoria en catro probas disputadas e marcando unha boa vantaxe cos seus rivais. O equipo aresán quere o segundo título consecutivo e volveu acadar unha diferenza de máis de dez segundos respecto de Tirán, segunda clasificada. 

A pelexa estivo moi pechada por ese segundo posto con Castropol -terceira- e Chapela -cuarta- moi preto dos de Moaña que recuperan a segunda posición na clasificación xeral. 

A ría de Sestao foi o lenzo sobre que se pintou o cadro da sexta bandeira da temporada de traíñas. Na categoría feminina, Cabo da Cruz e Tirán Pereira protagonizaron unha gran pelexa por atravesar antes a liña de meta.

Finalmente foron as de Moaña as primeiras en chegar, a menos de un segundo de diferenza. Malas noticias para Cabo, que ve como Hibaika se vai dous puntos por enriba na táboa. Arraun Lagunak gañou e segue como líder, con Orio adiantando a Tolosaldea para poñerse segunda.

Na regata masculina, Cabo acadou o seu mellor posto da temporada ao rematar sexto despois de ser o mellor da primeira manga ao remontar o bo inicio de Lekittarra. Pola súa parte, Bueu sumou outro último posto. Loitaron, pero non foron capaces de manter o ritmo de San Pedro. Na última manga, Urdaibai gañou a regata despois de remontar, primeiro contra Hondarribia, e despois contra Zierbena, que foi segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar