Armón ultima os preparativos para devolver a actividade ao estaleiro vigués Barreras
Armón ultima os preparativos para devolver a actividade ao estaleiro vigués Barreras
En tres meses poderían ter un barco nas bancadas
Os traballadores denuncian a perda de 100 postos de traballo
As bancadas de Barreras poderían volver á vida en só tres meses. Armón quere xuntar canto antes os dous esteleiros. O director de Armón Vigo, Santiago Martín, explica que a súa idea é "tirar muros e estar traballando dende o primeiro día", segundo apunta teñen "persoal preparado e un barco, un oceanográfico para Islandia, que ocupará as bancadas de Barreras".
A cara máis dura desta venda, son os traballadores que quedan polo camiño. Para o presidente do comité de empresa de Barreras é incomprensible esta decisión. Sergio Gálvez matiza que "o cadro de persoal de Barreras ten 121 traballadores, Armón só se comprometía a manter 20, 101 empregados irían á rúa" e engade que se destrúen postos de enxeñería, o know how do esteleiro.
Armón, coa central en Asturias, é xa o segundo grupo de construción naval máis importante de Europa. Contan con 40 barcos na súa carteira de traballo. Martín Director avanza que "a industria auxiliar máis potente do continente en construción naval está en Vigo" e que necesitan dela"a idea é potenciala. Barerras permitirá aumentar o traballo".
Acaban de pechar un contrato para construír un oceanográfico para Nova Zelandia e este venres comezaron as probas en auga doutro. Neste momento traballan en Armón 180 persoas, e contan que serán máis de 350 en 6 meses.