Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aroa Sío: "A participación feminina na montaña e no trail está aumentando"

Aroa Sío: "A participación feminina na montaña e no trail está aumentando"

O Galicia en goles conversou cunha das organizadoras do trail feminino celebrado en Nigrán

G24.gal 09/09/2023 13:37

Asaltamontes é unha asociación deportiva que se creou para fomentar o deporte feminino na montaña. Unha das súas iniciativas foi organizar un trail feminino nos montes do Val Miñor, máis concretamente en Nigrán.

Aroa Sío é unha das súas organizadoras.

"Estamos moi contentas polo éxito de participación. Tamén con moitos nervios, non durmimos moito esta noite. Cando ía a competicións na montaña, o 85 ou 90 % eran homes, por iso naceu Asaltamontes, para fomentar o deporte feminino nese contorno, para quitarlles o medo ás mulleres. Fixemos varias quedadas, a primeira en Vigo. De tres cidades a nivel nacional pasamos a doce cidades. Esta competición creouse en formato remudas, con 4 mulleres por equipo, unha correndo e as outras tres agardando. Son 5 horas, os equipos gañadores levan bos premios e haberá tamén para cada categoría. A primeira carreira por remudas que hai en España é aquí. Levamos só 8 meses co proxecto pero xa notamos un crecemento noutras carreiras  entre un 10 e un 30 % de mulleres inscritas. Para iso estamos aquí, para que se perda o medo e axudar a que as mulleres desfruten da natureza".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade