O primeiro trail da Costa da Morte: 18 km polo espectacular Camiño dos Faros
O primeiro trail da Costa da Morte: 18 km polo espectacular Camiño dos Faros
A carreira comezou en Punta Nariga e rematou en Malpica
Desde Punta Nariga ata Malpica: 18 kilómetros de percorrido por un dos treitos de costa máis fermosos de Galicia
“Pode ser dura, con moito sobe e baixa, pero tamén moi bonita”
"VaI estar a pedra mollada polo orballo. A desfrutar e non levar un golpe."
25 corredores tomaron a saída na primeira edición do Trail da Costa da Morte, unha carreira que transcorre por unha das etapas do Camiño dos Faros.
Para Malpica e para Costa da Morte, ten un potencial turístico e económico tremendo e temos que coidalo. Esperamos que perdure no tempo", asegura Alfredo Cañizo, concelleiro de Turismo de Malpica.
Un percorrido moi esixente fisicamente, con grandes desniveis e cun terreo moi rochoso.
É unha carreira dura, porque é de moita velocidade, e hai que coidar a hidratación pola humidade”
"Os primeiros tres quilómetros foron duros, pero logo xa se empezou a desfrutar."
Nunha hora e 34 minutos chegaba á meta o primeiro clasificado, o atleta Francisco González.
"Encontreime estupendamente. Viña para facer entre unha hora cincuenta e dúas horas dous, pero encontreime estupendamente e fun tirando a morte ata chegar primeiro", explica o gañador.
Na categoría femenina o mellor tempo foi para Belén Otero, que completou o percorrido en pouco máis de dúas horas.
“Tiña que vir máis xente porque é un pecorrido moi bonito, e deberíanse facer máis percorridos polo camiño dos faros, que son 8 etapas e todas son fermosísimas, comenta Belén Otero.
A pesar da dificultade, tódolos atletas coinciden en que a experiencia pagou a pena. O reto da organización é consolidar o Trail da Costa da Morte para convertelo nunha das carreiras máis importantes deste tipo en Galicia.