Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivan o caso do mozo que lle trabou un dedo ao avó porque a familia non declarou

Arquivan o caso do mozo que lle trabou un dedo ao avó porque a familia non declarou

G24.gal 16/08/2023 17:28

O caso do mozo que semiamputou un dedo ao seu avó dunha trabada en Redondela quedou arquivado debido a que a familia optou por non declarar en sede xudicial.

A Policía Nacional e a Policía Local detiveron o mozo, de 26 anos e veciño de Ventosela, por eses feitos, polos que se lle imputou un suposto delito malos tratos no ámbito familiar.

Despois dunha discusión entre pai e fillo, o avó, no seu intento por mediar na pelexa, recibiu unha dentada que lle produciu a lesión no polgar da man esquerda.

Unha vez o caso chegou a mans da xustiza, a familia acolleuse ao seu dereito a non declarar, polo que, ante a falta de probas, acordouse o seu sobresemento provisional e arquivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade