Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arraigo á Terra agrupa xa medio cento de produtores do oriente ourensán

Arraigo á Terra agrupa xa medio cento de produtores do oriente ourensán

Os promoteres da plataforma dixital buscan agora a colaboración dos veciños para que lles axuden no repartimento entre concellos

Unha produtora entrega un paquete na casa do concello de San Xoán de Río
G24.gal 19/07/2024 14:09

Luís leva 35 anos elaborando bicas en San Xoán de Río. Vai xa para dúas décadas que  decidiu vender fóra para facer viable o negocio. Agora produce entre mil e mil cincocentas unidades ao día deste doce típico da zona.

Luís Castro, xerente de Bicas O Campo: "No rural xa non vai quedando xente e temos que buscar alternativas. Cantas máis opcións teñamos para vender, mellor".

É un do medio cento de produtores que forman parte xa de Arraigo á Terra, unha plataforma dixital en que podemos atopar todo tipo de produtos. Tamén a cosmética natural elaborada unha parella de emprendedores, orixinarios de Valencia, que decidiron apostar polo rural do oriente ourensán para desenvolver o seu proxecto.

Zaira Vidal, xerente de Piel Natura: "Aquí podemos reconectar coa natureza e a xente trátanos como se fósemos familia".

Un rural que trasladan aos seus produtos. Nos montes do oriente ourensán recollen parte das herbas que empregan.

A través da plataforma dixital, calquera pode coñecer non só os seus produtos senón tamén os concellos onde se elaboran e mercalos. Arraigo á Terra botou a andar a finais do ano pasado.
Agora queren dar un paso máis promocionando o consumo de proximidade e implicando os veciños no seu repartimento, como comenta unha das coordinadoras do proxecto, Susan Vázquez. 

Iniciativas para fortalecer a economía local e lograr que zonas rurais coma estas poidan seguir vivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade