Cargando resultados...
Satisfacción na primeira xornada da campaña da centola, con 300 quilos máis que o ano pasado
Satisfacción na primeira xornada da campaña da centola, con 300 quilos máis que o ano pasado
Vendéronse 4.100 quilos de centola
As primeiras vendéronse a 24 euros o quilo
G24.gal
07/11/2022 14:37
Máis de 4.100 quilos de centola vendéronse na lonxa do Grove no primeiro día de campaña. Son 300 máis que na mesma xornada do ano pasado e cun valor total de 53.000 euros.
As primeiras vendéronse a algo máis de 24 euros o quilo. Satisfacción co prezo para o marisco rei desta lonxa.
A campaña, que comezou nas provincias de Pontevedra e A Coruña, prolongarase ata comezos do ano que vén.
Na provincia de Lugo a campaña da centola non comezará ata o 28 de novembro.