Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambados, de novo capital do albariño con 44 adegas

Cambados, de novo capital do albariño con 44 adegas

O viño e a música atraerán 200.000 persoas á vila ata o próximo domingo na LXXII Festa do Albariño

G24.gal 31/07/2024 15:02 Última actualización 31/07/2024 21:36

Cada primeira fin de semana de agosto, Cambados convértese na capital do albariño. Este ano cumpre 72 edicións, e serán 44 adegas as que abran as casetas do Paseo da Calzada para dar a coñecer os seus viños. 

"É a cita, para o noso sector é a feira máis importante que hai en Galicia", di Verónica Durán, da adega Eidosela. Igual opina Fernando Oubiña, de Laureatus: "Para min é a cita máis importante, a festa do verán por excelencia". 

Calculan que este ano pasarán pola feira unhas 200.000 persoas, chegadas "de todas partes do mundo", comenta Javier Padín, de Martín Códax. Hai festa para todos, concertos programados cada día, e actividades para o público máis profesional.

"Poderemos degustar máis de 177 mostras no Túnel do Viño que organiza o Consello Regulador" explica o secretario de Rías Baixas, Ramón Huidobro. "E os interesados en ver como se cata o viño, tamén poderán asistir á cata concurso", engade. 

Do 31 de xullo ao 4 de agosto celébrase esta LXXII Festa do Viño Albariño en Cambados, distinguida este ano como Cidade Española do Viño 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade